Archivo | junio, 2013

LENTURA NA FEIRA DA TERRA 2013

17 Jun

Pois si, este pasado domingo a asociación Lentura estivemos co noso posto na primeira»feira da terra « que organizou a asociación de veciños da carballeira de francos, coa cal se pretendía apoiar os pequenos productores agrícolas, artesans e elavoradores de alimentos, que viñeron tanto da contorna de Teo coma de lugares afastados coma Ourense ou o Caurel. Visto o bo nivel de asistencia, polo menos ate a tardiña que se puxo a chover, temos que dicir que a feira ten todas as posivilidades de celebrarse o ano que ben,e ogalla nos poidamos repetir.Aquí temos a reportaxe fotográfica:

Aqui unhas vistas do noso posto:

posto lentura1posto lentura2

aqui vemos a zona dos chicharos, tirabeques, fabas, fabas lobas e viños e o lado patacas, leitugas, acelgas e mais chicharos e tirabeques:

chicharos tirabeques fabas lobas viñopatacas leitugas acelgas

aqui temos conservas, amorodos, ovos e mel e logo as tartas de Maria de touris, as famosas cañas de crema de Carmen de Carrais e fariña de millo corvo

amorodos conservas mel ovostartas mel fariña

tamen tivemos plantiñas de tomate de tres clases (cherri, de betanzos e negro) e de pepinillo e unha colección de xabons liquidos e en pastillas de moitas formas

planta tomate e pepinilloxabons artesans

e pra rematar presentamos o afiador e parajuero, a indispensable pulperia e como non, a xente toda que acudiu a feira, xa fora para mercar ou botar unha ollada, graciñas:

afiadorpulperia

carballeira francos

 

COMPARTINDO SABERES NA CASA DE LINO

10 Jun

Como estaba previsto o mercores dia 4 acudimos a casa de Lino nas Cortes (Bertamirans) na que comenzamos o noso proxecto de compartir saberes, mediante o cal queremos acercar as nosas ortas os nosos consumidores e ampliar a nosa información, Aqui tedes a visita en imaxes:

Comezan as explicacions de Lino sobre a sua maneira de traballar e os seus cultivos:

lino contandolino explica 2

aqui temos a unha leira de cebolas de gardar e outra ce ceboleta de fresco que xa se esta recollendo

cebolasceboleta

e aqui unha maquina infernal, a «¡¡¡¡¡SACHOSEJADORA¡¡¡¡¡» coa cal Lino sacha e arrenda as patacas e o millo

segadora sachadora

seguindo cos cultivos en fora temos remolacha, repolos e pataca e polo outro lado os bancais de amorodos:

pataca  remolacha repoloamorodos

aqui temos unha alternancia de froiteiras con alcachofas e a Lino explicandonos o funcionamento do seu estanque de rega:

alcachofas froiteirasestanque lino

xa dentro dos invernadoiros, unha pequena charla sobre as mesas decultivo para os  semilleiros:

mesa cultivo 1mesa cultivo 2

aqui xa temos o cultivo no invernadfoiro en si, neste caso berenxena, pemento, tomate e cabaciño e tamen Lino cóntanos detalles dos problemas que ten nas suas plantas:

cabaciño pepino berenxena pementolino explica

aqui unha asociacion de leituga e tomate (as leitugas van medreando e recollense a medida que medran as tomateiras) e unha de pemento e cogombro (pepino), sendo o cabaciño unha planta ancha e baixa e o cogombro unha que medra acia arriba:

tomateira leitugaalternancia cabaciño pepino

e aqui detalle dos cogombros que xa estan saindo e de uns pemnetos de arnoia que xa teñen froito:

pepino cogombropemento arnoia

e pra rematar a foto de familia con todos os asistentes:

reunion

poderiamos publicar mil fotos e contar mil detalles e inda asi quedaría algo máis que contar e que ver, para que non vos pase isto o mellor e que acudades as vindeiras visitas, vemonos¡¡.