Archivo | marzo, 2013

INVERNO NO NOSO POSTO DE BERTAMIRANS

25 Mar

Pois sigue a chover e a facer frio,pero nos, como cada sabado pola tarde, contra vento e marea, montamos o noso posto de verduras, froitas e produtos caseiros para o disfrute dos veciños de Bertamirans e para calquera que se queira achegar. Aqui tedes:

aqui temos a Ana e Figue a papar frio mentres a xente pasea moito e merca pouco

2013-03-23 16.59.182013-03-23 17.04.26

cabazas de lino, couveflores, escarolas, zanahorias, acelgas, etc

2013-03-23 16.58.552013-03-23 17.00.27 2013-03-23 17.00.40 2013-03-23 16.59.58

da outra banda temos allos porros, col riza, coles de bruselas, leituga, espinacas , laranxas, nabo de lugo, e ainda que nosn se ven tamen kiwis e patacas

2013-03-23 17.02.22 2013-03-23 17.01.56 2013-03-23 17.02.36 2013-03-23 17.03.22

tamen temos ovos da casa para parar un tren, mel de carroucha e surtido de conservas e marmeladas

2013-03-23 17.01.27 2013-03-23 17.01.42

e aqui produtos elavorados coma queixos, cañas de crema, rosca ou tarta de amendoa

2013-03-23 17.02.11 2013-03-23 17.01.09

e aqui unha clienta collida infraganti no honorable acto de mercar as nosas viandas

2013-03-23 17.11.59 2013-03-23 17.11.47

ala, ata loguiño e pasade un día a vernos ¡¡¡¡¡¡

 

INVERNO NO NOSO POSTO DO LUSCO E FUSCO

20 Mar

Xa remata o inverno e nas nosas ortas xa van quedando poucas cousas, ata que comecen as primeiras calores e comecen a sair os novos productos desta tempada. Aqui vos deixo unhas fotos do noso posto no lusco e fusco, neste marzo de 2013, que a pesar da choiva e o frio estamos aquí cada martes para ofertarevos os froitos da nosa terra pra o disfrute dos vosos padais:

vista xeral do posto e do mostrador, onde podemos ver conservas diversas, mel, viño e ervas aromáticas coma pirixel, perifollo e cilantro

cilantroperifoperexilconservas postodeinverno

unpoucodetodo

aqui temos unhas cenouras de Lino, cabazas crema branca e cabelo de anxo (cabello de angel), allos porros e laranxas de Xan de rois:

cenoriasporroscabazasnaranxas

aqui temos mais cabazas, ovos da casa a esgalla, colinabo (o rutabaga), grelos , viño (barrantes e albariño) e conservas variadas (marmeladas, froita en almibre, tomate o natural, xudias, chicharos ou mel):

cabazascolinaboovosgrelos

aqui un primeiro plano dos queixos de Lino, fresquiños e saborosos:

queixoslino

e aqui temos un variegato de fabas pintas, mouras e brancas, escolla vostede:

variegatofabas

aqui temos unhas escarolas jrandes coma demonios de Lino e os famosos kiwis de Xan:

escarolakiwis

e aqui leitugas, acelgas e repolos, e iso que asoma pola dereita e apio:

acelgaleitugarepolo

e duas últimas variadas, casi se podrian usar pra pintar un bodegon:

queixosfabasovos ovosviñofabasqueixo

vémonos na primaveira¡¡¡¡

PREPARACION DAS CESTAS

13 Mar

Os martes e dia de reparto en Lentura e como tal entre a tarde do luns e as primeiras horas do martes apañamos nas nosas hortas os productos mais frescos para que cheguen os clientes con unha calidade e sabor sin igual. Posterormente centralizamos en Aldea nova todos os productos que nos pediron os nosos clientes para ese dia e se procede a elavoración das cestas, do cal se encarga Edu e Marisa.  Aquí tedes unhas fotos para que apreciedes a frescura dos productos de horta e a calidade dos demais productos caseiros:

productos caseiros coliflor KIWISEACELGAS 2013-03-12 12.45.42 ALLOSPORROS 2013-03-12 12.47.29 2013-03-12 12.47.01 2013-03-12 12.46.08

LENTURA NA TVG

10 Mar

Aqui temos un capítulo do programa da tvg “a onde vai a xente ” con Alfonso tellado (todos vos acordaredes del polo momento retranqueiro que lle plantara a buenafuente co de alfonso alfonso). Nesta reportaxe está perfectamente resumido o funcionamento que temos en Lentura, dende a visita a casa dalgún productor, coma Xan de Rois, o momento de preparar as cestas, con Edu, ou a visita que lle fan a un dos nosos clientes, neste caso a Mercedes Morigosa do restaurante Cociñas do Mundo. Eperamos que disfrutedes del coma nos disfrutamos gravandoo:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/oa-alimentos-caseiros-son-mellores

ASOCIACION LENTURA, QUEN SOMOS?

6 Mar

cropped-lentura-21.jpg

Lentura e unha asociación de produtores agrícolas, moitos deles provintes do proxecto amorodo (www.proxectoamorodo.org), sen ánimo de lucro, cuxos membros pertencen a concellos da comarca de terras de Compostela e da Mahía,  e que ten como obxectivo subministrar todo tipo de produtos de horta obtidos de maneira sostible e con prácticas de agricultura ecolóxica así coma produtos caseiros elaborados a partir destas materias primas. Como tal, estamos comprometidos a non usar ningún agroquímico nin fitosanitario que puidese alterar o sabor ou a calidade das nosas hortalizas.

Para prover os consumidores dos nosos produtos caseiros temos un sistema de entrega a domicilio de cestas, xa sexan pechadas ou a elección do cliente, todo elo dende a páxina de xestión de pedidos lentura.org, e ademais posuímos un posto no mercadiño semanal de  Lusco e Fusco(http://mercadoentreluscoefusco.blogaliza.org/), en Santiago, outro no mercadiño de Bertamirans que se celebra os sábados pola tarde e dende xuño do 2014 estamos todos os segundos sabados de cada mes pola mañan na praza roxa de Santiago.

Para poñerte en contacto con nós, podes mandar un mail a educastrein@gmail.com ou chamala o 665970404 e alí te informaremos de como facer os pedidos, dos prezos dos nosos productos ou de calquera outra duda que teñas. Os membros da asociación estamos interesados en dar un trato directo e de proximidade os nosos clientes, poñendo a vosa disposición as nosas explotacións para que as visitedes, facendo cursiños xa sexan de horta, conservas, panadería tradicional, etc e sempre buscando con vos un maior compromiso na tarefa de potenciar o consumo de produtos caseiros de tempada, ecolóxicos e de proximidade, sendo estes tres piares onde se asenta a agricultura sostible.

O PROXECTO AMORODO NA TVG

6 Mar
Galería

FOTOS DO PROXECTO AMORODO

6 Mar