ASOCIACION LENTURA, QUEN SOMOS?

6 Mar

cropped-lentura-21.jpg

Lentura e unha asociación de produtores agrícolas, moitos deles provintes do proxecto amorodo (www.proxectoamorodo.org), sen ánimo de lucro, cuxos membros pertencen a concellos da comarca de terras de Compostela e da Mahía,  e que ten como obxectivo subministrar todo tipo de produtos de horta obtidos de maneira sostible e con prácticas de agricultura ecolóxica así coma produtos caseiros elaborados a partir destas materias primas. Como tal, estamos comprometidos a non usar ningún agroquímico nin fitosanitario que puidese alterar o sabor ou a calidade das nosas hortalizas.

Para prover os consumidores dos nosos produtos caseiros temos un sistema de entrega a domicilio de cestas, xa sexan pechadas ou a elección do cliente, todo elo dende a páxina de xestión de pedidos lentura.org, e ademais posuímos un posto no mercadiño semanal de  Lusco e Fusco(http://mercadoentreluscoefusco.blogaliza.org/), en Santiago, outro no mercadiño de Bertamirans que se celebra os sábados pola tarde e dende xuño do 2014 estamos todos os segundos sabados de cada mes pola mañan na praza roxa de Santiago.

Para poñerte en contacto con nós, podes mandar un mail a educastrein@gmail.com ou chamala o 665970404 e alí te informaremos de como facer os pedidos, dos prezos dos nosos productos ou de calquera outra duda que teñas. Os membros da asociación estamos interesados en dar un trato directo e de proximidade os nosos clientes, poñendo a vosa disposición as nosas explotacións para que as visitedes, facendo cursiños xa sexan de horta, conservas, panadería tradicional, etc e sempre buscando con vos un maior compromiso na tarefa de potenciar o consumo de produtos caseiros de tempada, ecolóxicos e de proximidade, sendo estes tres piares onde se asenta a agricultura sostible.

O PROXECTO AMORODO NA TVG

6 Mar
Galería

FOTOS DO PROXECTO AMORODO

6 Mar