PLANTANDO NAS PATACAS

27 Abr

A pataca e un dos piares da gastronomía galega e como tal témola presente todos os días nos nosos fogares en multitude de presentacións. Na agricultura convencional as patacas sofren un constante aporte de química de síntese, xa sexa nos abonos, na aplicación de herbicidas e fitosanitarios así  como no posterior proceso de almacenaxe no que se lle aplican productos antixerminantes para que se conserven máis tempo .Hoxe estamos con Monchete que nos vai mostrar como fai a hora de plantar as patacas mediante practicas de agricultura ecolóxica, respetando en todo momento os principios da agricultura sustentable. Imos ala:

Compoñentes da plantación:

1 a leira: esta leira, cedida por un veciño, e de uns 700 m2, recuperouse do seu estado de abandono, no que so criaba silvas e fieitos, primeiramente  mediante unha labor de desbroce, logo procedeuse a sucesivos pases de fresadora e de subsolador para arricar todalas raices que estaban soterradas. Non se usou o veso ou arado de vertedeira, o cal produce o volteo do terreo, cousa que non queremos pois estariamos a enterrar a capa fertil do terreo (a terra mais fertil e a que  encontrase nos 15 cm superiores do terreo) e sacando a luz a que non posue nutrintes:

leira2

2 as patacas: aqui vanse plantar duas clases de patacas, a jaerla , que e de cedo e baraka, de ciclo mais longo e con mellor conservación. Estas patacas son certificadas, provintes da zona de Burgos e Alava, e isto e así pois esta zona de gran altitude e frio permite obter unhas patacas libres de enfermidades e nematodos. Supoñemos que se podería facer unha zona productora de pataca para sembrar na zona da montaña  de Lugo e así desenrolar esa zona. Asimesmo temos que dicir que non e semente certificada ecolóxica, e isto e debido a que non a temos dipoñible no noso mercado máis cercano e pedila a fora encareceria demasiado o precio final, xa que os custos de transporte son moi elevados para un pedido de doce sacos, como e o caso. Co tempo, a asociación Lentura pode plantexarse a compra en conxunto de semente para abaratar custos, pero a dia de oxe isto non esta desenrolado.

pataca jaerla

3 esterco: neste caso imos usar esterco pelletizado de ovella (Biorcamp,http://www.burespro.com/2008/uploads/doc/prod/fitxa_tecnica_BIORCAMP_rev_01_132.pdf ) mesturado con outro de polo (bio f1 de Aviporto,http://www.aviporto.com/abonos.asp), todos eles permitidos en agricultura ecolóxica. O ser pelletizado podemos administralos de maneira doada e o etar compostados podemos incorporalos sen medo a danar as raices das plantas.

esterco pellet

4 ferramentas: amais do tractor (plantar esta extensión unha persoa  a man serçia inviable) usaremos un rastrillo (para tapar) e unha legoña( para abrir os regos ate onde no chege o tractor e para endereitalos)

apeiro de abrir rejos

O proceso: como xa dixemos, a leira xa está preparada e primeiramente procedemos a apertura dos regos mediante un cultivador o que se lle adaptaron unhas legoñas de sachadora e que permiten abrir tres regos de cada vez

abrindo rejos2rejos2

posteriormente procedemos a colocar a semente no fondo dos regos a 30cm de separación, tendo moito coidado de deixar os xeremelos para arriba. Aqui toca baixar o lombo unha e outra vez polo que quedas valdado dos cadris

patacas2

ainda que antes dixemos que o abono pode ir en contacto coa semente, para curarnos en saude, imos tapando as patacas con unha pouquiña terra a medida que as imos poñendo no rego, para a continuación aplicarlle o abono pelletizado

esterco pellet2

para rematar a labor procedemos a tapar o rego e deixar o terreo chan usando o rastrillo

tapando rejos 1tapando rejos 2

e xa temos o cacho rematado, eso si, houbo que botar unhos cantos ¡¡¡ ai ¡¡ e fregar os cadris. Agora so nos queda esperar a que agromen axiña para asi continuar coas labores de sacha e arrendado (aporcar), doe o lombo de so pensalo

leira rematada

aqui tedes unha última foto de unhas poucas patacas que se plantaron en febreiro e que xa están ben bonitas. Como vedes levan un acolchado de palla que difilculta a presenza de malas herbas e manten o terreo protexido

patacas novas 1

agora so queda que saian boas para que vos poidades mercalas nos nosos postos ou a través das cestas, ata loguiño¡¡¡¡

P.D: pois xa pasaron tres mesiños e aqui tedes as primeiras patacas que se levantan nesta leira, e como din pola nosa terra, inda menos mal¡¡¡ e ogalla que saian boas:

patacas12patacas22

ata loguiño¡¡¡

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: