LENTURA NA TVG

10 Mar

Aqui temos un capítulo do programa da tvg “a onde vai a xente ” con Alfonso tellado (todos vos acordaredes del polo momento retranqueiro que lle plantara a buenafuente co de alfonso alfonso). Nesta reportaxe está perfectamente resumido o funcionamento que temos en Lentura, dende a visita a casa dalgún productor, coma Xan de Rois, o momento de preparar as cestas, con Edu, ou a visita que lle fan a un dos nosos clientes, neste caso a Mercedes Morigosa do restaurante Cociñas do Mundo. Eperamos que disfrutedes del coma nos disfrutamos gravandoo:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/oa-alimentos-caseiros-son-mellores

Anuncios

ASOCIACION LENTURA, QUEN SOMOS?

6 Mar

cropped-lentura-21.jpg

Lentura e unha asociación de produtores agrícolas, moitos deles provintes do proxecto amorodo (www.proxectoamorodo.org), sen ánimo de lucro, cuxos membros pertencen a concellos da comarca de terras de Compostela e da Mahía,  e que ten como obxectivo subministrar todo tipo de produtos de horta obtidos de maneira sostible e con prácticas de agricultura ecolóxica así coma produtos caseiros elaborados a partir destas materias primas. Como tal, estamos comprometidos a non usar ningún agroquímico nin fitosanitario que puidese alterar o sabor ou a calidade das nosas hortalizas.

Para prover os consumidores dos nosos produtos caseiros temos un sistema de entrega a domicilio de cestas, xa sexan pechadas ou a elección do cliente, todo elo dende a páxina de xestión de pedidos lentura.org, e ademais posuímos un posto no mercadiño semanal de  Lusco e Fusco(http://mercadoentreluscoefusco.blogaliza.org/), en Santiago, outro no mercadiño de Bertamirans que se celebra os sábados pola tarde e dende xuño do 2014 estamos todos os segundos sabados de cada mes pola mañan na praza roxa de Santiago.

Para poñerte en contacto con nós, podes mandar un mail a educastrein@gmail.com ou chamala o 665970404 e alí te informaremos de como facer os pedidos, dos prezos dos nosos productos ou de calquera outra duda que teñas. Os membros da asociación estamos interesados en dar un trato directo e de proximidade os nosos clientes, poñendo a vosa disposición as nosas explotacións para que as visitedes, facendo cursiños xa sexan de horta, conservas, panadería tradicional, etc e sempre buscando con vos un maior compromiso na tarefa de potenciar o consumo de produtos caseiros de tempada, ecolóxicos e de proximidade, sendo estes tres piares onde se asenta a agricultura sostible.

xa chegou o vran o lusco e fusco

7 Ago

Pois si señores, o vran xa se pode dicir que chegou o lusco e fusco,e co vran unhas cantas novidades. Por un lado temos unha nova ubicación, xa que mudamonos das terrazas de belvis ó campiño situado o outro lado da estrada, debido o aparcamento por parte do concello de unhas casetas que non se sabe moi ben pra que son nin de onde viñeron. Pero non creades que e unha mala cousa, pois dende Lentura, a nova ubicación ofreceunos a posibilidade de ampliar o noso posto e que os nosos visitantes teñan un entorno mais amable que lles permite ter mais amplitude para pasear entre os distintos postos, que por certo, cada dia somos mais. Asimesmo o vran (bastante atrasado) trouxo os productos estrela da horta que os nosos clientes estaban a botar a faltar. Todo isto en fotos:

luscofusco vran 20013lusco fusco vran 20132

aqui temos os primeiros tomates, unhas chalotas, ovos e rabaniños e logo mais tomates, pepinillos, conservas,fabas e viños e licores

tomates chalotas ovos rabaniñosconservas mel cherris viños licores

aqui mazas, peras, cabaciños, remolacha e xudias e logo pementos de arnoia, morrons, xudia manteigosa, cogombros e cebolas

peras mazas cabaciños remolachapementos xudias cebolas cabaciños

e pra rematar deixamosvos unha instantanea de Lino en accion, cazado in fraganti no loable acto de venderlle a unha señora uns brocolis:

lino en accion

e polo de agora máis nada e vémonos polas ortas, ata loguiño¡¡¡

 

 

LENTURA NA FEIRA DA TERRA 2013

17 Jun

Pois si, este pasado domingo a asociación Lentura estivemos co noso posto na primeira”feira da terra “ que organizou a asociación de veciños da carballeira de francos, coa cal se pretendía apoiar os pequenos productores agrícolas, artesans e elavoradores de alimentos, que viñeron tanto da contorna de Teo coma de lugares afastados coma Ourense ou o Caurel. Visto o bo nivel de asistencia, polo menos ate a tardiña que se puxo a chover, temos que dicir que a feira ten todas as posivilidades de celebrarse o ano que ben,e ogalla nos poidamos repetir.Aquí temos a reportaxe fotográfica:

Aqui unhas vistas do noso posto:

posto lentura1posto lentura2

aqui vemos a zona dos chicharos, tirabeques, fabas, fabas lobas e viños e o lado patacas, leitugas, acelgas e mais chicharos e tirabeques:

chicharos tirabeques fabas lobas viñopatacas leitugas acelgas

aqui temos conservas, amorodos, ovos e mel e logo as tartas de Maria de touris, as famosas cañas de crema de Carmen de Carrais e fariña de millo corvo

amorodos conservas mel ovostartas mel fariña

tamen tivemos plantiñas de tomate de tres clases (cherri, de betanzos e negro) e de pepinillo e unha colección de xabons liquidos e en pastillas de moitas formas

planta tomate e pepinilloxabons artesans

e pra rematar presentamos o afiador e parajuero, a indispensable pulperia e como non, a xente toda que acudiu a feira, xa fora para mercar ou botar unha ollada, graciñas:

afiadorpulperia

carballeira francos

 

COMPARTINDO SABERES NA CASA DE LINO

10 Jun

Como estaba previsto o mercores dia 4 acudimos a casa de Lino nas Cortes (Bertamirans) na que comenzamos o noso proxecto de compartir saberes, mediante o cal queremos acercar as nosas ortas os nosos consumidores e ampliar a nosa información, Aqui tedes a visita en imaxes:

Comezan as explicacions de Lino sobre a sua maneira de traballar e os seus cultivos:

lino contandolino explica 2

aqui temos a unha leira de cebolas de gardar e outra ce ceboleta de fresco que xa se esta recollendo

cebolasceboleta

e aqui unha maquina infernal, a “¡¡¡¡¡SACHOSEJADORA¡¡¡¡¡” coa cal Lino sacha e arrenda as patacas e o millo

segadora sachadora

seguindo cos cultivos en fora temos remolacha, repolos e pataca e polo outro lado os bancais de amorodos:

pataca  remolacha repoloamorodos

aqui temos unha alternancia de froiteiras con alcachofas e a Lino explicandonos o funcionamento do seu estanque de rega:

alcachofas froiteirasestanque lino

xa dentro dos invernadoiros, unha pequena charla sobre as mesas decultivo para os  semilleiros:

mesa cultivo 1mesa cultivo 2

aqui xa temos o cultivo no invernadfoiro en si, neste caso berenxena, pemento, tomate e cabaciño e tamen Lino cóntanos detalles dos problemas que ten nas suas plantas:

cabaciño pepino berenxena pementolino explica

aqui unha asociacion de leituga e tomate (as leitugas van medreando e recollense a medida que medran as tomateiras) e unha de pemento e cogombro (pepino), sendo o cabaciño unha planta ancha e baixa e o cogombro unha que medra acia arriba:

tomateira leitugaalternancia cabaciño pepino

e aqui detalle dos cogombros que xa estan saindo e de uns pemnetos de arnoia que xa teñen froito:

pepino cogombropemento arnoia

e pra rematar a foto de familia con todos os asistentes:

reunion

poderiamos publicar mil fotos e contar mil detalles e inda asi quedaría algo máis que contar e que ver, para que non vos pase isto o mellor e que acudades as vindeiras visitas, vemonos¡¡.

VISITANDO A HORTA DE MARISA

19 May

Hoxe estamos na casa de Marisa, en Bastavales ,  pra comprobar o coidada que ten a horta e o gusto que ten polos animaliños, comenzamos:

aqui temos uns alliños que estan ben bonitos ,un pouco cebolo e unhas patacas:

allos3cebola1patacasmarisa1

agora vemos leituga verde, remolacha, leituga folla de carballo e uns repolos e chicharos:

leitugaseremolachafolla de carballo1chicharosverdura

tomates, pementos e cebolo recien plantado, logo amorodos e tamen arandos e frambuesas:

tomatepementoeceboloamorodos1arandoseframbuesas

e agora a bicheria, con Coco, mirando entre as erbas a ver si topa algo, logo o estanque dos peixes e uns coelliños moi feituquiños:

coco1estanque2coellos1

e pra rematar a nosa mama galiña chocando os ovos e as suas comadres que se encargan de poñelos:

galiñachoca1galiñas1

todo elo coidado con esmero e con cariño por parte de Marisa que vos invita a visitala cando queirades, ata loguiño¡¡¡

PLANTANDO NAS PATACAS

27 Abr

A pataca e un dos piares da gastronomía galega e como tal témola presente todos os días nos nosos fogares en multitude de presentacións. Na agricultura convencional as patacas sofren un constante aporte de química de síntese, xa sexa nos abonos, na aplicación de herbicidas e fitosanitarios así  como no posterior proceso de almacenaxe no que se lle aplican productos antixerminantes para que se conserven máis tempo .Hoxe estamos con Monchete que nos vai mostrar como fai a hora de plantar as patacas mediante practicas de agricultura ecolóxica, respetando en todo momento os principios da agricultura sustentable. Imos ala:

Compoñentes da plantación:

1 a leira: esta leira, cedida por un veciño, e de uns 700 m2, recuperouse do seu estado de abandono, no que so criaba silvas e fieitos, primeiramente  mediante unha labor de desbroce, logo procedeuse a sucesivos pases de fresadora e de subsolador para arricar todalas raices que estaban soterradas. Non se usou o veso ou arado de vertedeira, o cal produce o volteo do terreo, cousa que non queremos pois estariamos a enterrar a capa fertil do terreo (a terra mais fertil e a que  encontrase nos 15 cm superiores do terreo) e sacando a luz a que non posue nutrintes:

leira2

2 as patacas: aqui vanse plantar duas clases de patacas, a jaerla , que e de cedo e baraka, de ciclo mais longo e con mellor conservación. Estas patacas son certificadas, provintes da zona de Burgos e Alava, e isto e así pois esta zona de gran altitude e frio permite obter unhas patacas libres de enfermidades e nematodos. Supoñemos que se podería facer unha zona productora de pataca para sembrar na zona da montaña  de Lugo e así desenrolar esa zona. Asimesmo temos que dicir que non e semente certificada ecolóxica, e isto e debido a que non a temos dipoñible no noso mercado máis cercano e pedila a fora encareceria demasiado o precio final, xa que os custos de transporte son moi elevados para un pedido de doce sacos, como e o caso. Co tempo, a asociación Lentura pode plantexarse a compra en conxunto de semente para abaratar custos, pero a dia de oxe isto non esta desenrolado.

pataca jaerla

3 esterco: neste caso imos usar esterco pelletizado de ovella (Biorcamp,http://www.burespro.com/2008/uploads/doc/prod/fitxa_tecnica_BIORCAMP_rev_01_132.pdf ) mesturado con outro de polo (bio f1 de Aviporto,http://www.aviporto.com/abonos.asp), todos eles permitidos en agricultura ecolóxica. O ser pelletizado podemos administralos de maneira doada e o etar compostados podemos incorporalos sen medo a danar as raices das plantas.

esterco pellet

4 ferramentas: amais do tractor (plantar esta extensión unha persoa  a man serçia inviable) usaremos un rastrillo (para tapar) e unha legoña( para abrir os regos ate onde no chege o tractor e para endereitalos)

apeiro de abrir rejos

O proceso: como xa dixemos, a leira xa está preparada e primeiramente procedemos a apertura dos regos mediante un cultivador o que se lle adaptaron unhas legoñas de sachadora e que permiten abrir tres regos de cada vez

abrindo rejos2rejos2

posteriormente procedemos a colocar a semente no fondo dos regos a 30cm de separación, tendo moito coidado de deixar os xeremelos para arriba. Aqui toca baixar o lombo unha e outra vez polo que quedas valdado dos cadris

patacas2

ainda que antes dixemos que o abono pode ir en contacto coa semente, para curarnos en saude, imos tapando as patacas con unha pouquiña terra a medida que as imos poñendo no rego, para a continuación aplicarlle o abono pelletizado

esterco pellet2

para rematar a labor procedemos a tapar o rego e deixar o terreo chan usando o rastrillo

tapando rejos 1tapando rejos 2

e xa temos o cacho rematado, eso si, houbo que botar unhos cantos ¡¡¡ ai ¡¡ e fregar os cadris. Agora so nos queda esperar a que agromen axiña para asi continuar coas labores de sacha e arrendado (aporcar), doe o lombo de so pensalo

leira rematada

aqui tedes unha última foto de unhas poucas patacas que se plantaron en febreiro e que xa están ben bonitas. Como vedes levan un acolchado de palla que difilculta a presenza de malas herbas e manten o terreo protexido

patacas novas 1

agora so queda que saian boas para que vos poidades mercalas nos nosos postos ou a través das cestas, ata loguiño¡¡¡¡

P.D: pois xa pasaron tres mesiños e aqui tedes as primeiras patacas que se levantan nesta leira, e como din pola nosa terra, inda menos mal¡¡¡ e ogalla que saian boas:

patacas12patacas22

ata loguiño¡¡¡

LENTURA NO MERCADO ECOLOXICO DE QUILMAS

4 Abr

Este pasado fin de semana membros da asociación lentura acudiron a Quilmas, pobo cercano a Carnota, para montar un posto de exposición e venda dos nosos produtos. A organizacion diste evento correu a cargo da cooperativa Raiña Lupa : http://cooperativadeagriculturaecoloxicarainhalupa.wordpress.com/

A pesares do mal tempo a afluencia de xente foi destacable e xa está previsto a realización de vindeiras feiras as  cales temos pensado asistir. Aqui tedes o noso posto e os nosos produtos:

Aqui estan os nosos valentes compañeiros Carme e Figue, aguantando o temporal, o igual que os visitantes do mercado:

29 marzo 2013 QUILMAS 02029 marzo 2013 QUILMAS 016

Unha raiola de sol iluminou por escasos momenos o mercadiño:

29 marzo 2013 QUILMAS 01229 marzo 2013 QUILMAS 002

Kiwis, ovos, laranxas e polo outro lado conservas, marmeladas, viño e sidra:

29 marzo 2013 QUILMAS 010 29 marzo 2013 QUILMAS 009

Reposteria variada, fariña de millo corvo e mel  e pola outra banda couveflor, col rizada, leitugas e xerminados:

29 marzo 2013 QUILMAS 006 29 marzo 2013 QUILMAS 007

e por agora rematamos, a espera da celebracion de novos eventos, ata loguiño¡

P.D: foto do mercado posto do dia 2 de xuño do 2013, no que tamen estivemoslentura 3

INVERNO NO NOSO POSTO DE BERTAMIRANS

25 Mar

Pois sigue a chover e a facer frio,pero nos, como cada sabado pola tarde, contra vento e marea, montamos o noso posto de verduras, froitas e produtos caseiros para o disfrute dos veciños de Bertamirans e para calquera que se queira achegar. Aqui tedes:

aqui temos a Ana e Figue a papar frio mentres a xente pasea moito e merca pouco

2013-03-23 16.59.182013-03-23 17.04.26

cabazas de lino, couveflores, escarolas, zanahorias, acelgas, etc

2013-03-23 16.58.552013-03-23 17.00.27 2013-03-23 17.00.40 2013-03-23 16.59.58

da outra banda temos allos porros, col riza, coles de bruselas, leituga, espinacas , laranxas, nabo de lugo, e ainda que nosn se ven tamen kiwis e patacas

2013-03-23 17.02.22 2013-03-23 17.01.56 2013-03-23 17.02.36 2013-03-23 17.03.22

tamen temos ovos da casa para parar un tren, mel de carroucha e surtido de conservas e marmeladas

2013-03-23 17.01.27 2013-03-23 17.01.42

e aqui produtos elavorados coma queixos, cañas de crema, rosca ou tarta de amendoa

2013-03-23 17.02.11 2013-03-23 17.01.09

e aqui unha clienta collida infraganti no honorable acto de mercar as nosas viandas

2013-03-23 17.11.59 2013-03-23 17.11.47

ala, ata loguiño e pasade un día a vernos ¡¡¡¡¡¡

 

INVERNO NO NOSO POSTO DO LUSCO E FUSCO

20 Mar

Xa remata o inverno e nas nosas ortas xa van quedando poucas cousas, ata que comecen as primeiras calores e comecen a sair os novos productos desta tempada. Aqui vos deixo unhas fotos do noso posto no lusco e fusco, neste marzo de 2013, que a pesar da choiva e o frio estamos aquí cada martes para ofertarevos os froitos da nosa terra pra o disfrute dos vosos padais:

vista xeral do posto e do mostrador, onde podemos ver conservas diversas, mel, viño e ervas aromáticas coma pirixel, perifollo e cilantro

cilantroperifoperexilconservas postodeinverno

unpoucodetodo

aqui temos unhas cenouras de Lino, cabazas crema branca e cabelo de anxo (cabello de angel), allos porros e laranxas de Xan de rois:

cenoriasporroscabazasnaranxas

aqui temos mais cabazas, ovos da casa a esgalla, colinabo (o rutabaga), grelos , viño (barrantes e albariño) e conservas variadas (marmeladas, froita en almibre, tomate o natural, xudias, chicharos ou mel):

cabazascolinaboovosgrelos

aqui un primeiro plano dos queixos de Lino, fresquiños e saborosos:

queixoslino

e aqui temos un variegato de fabas pintas, mouras e brancas, escolla vostede:

variegatofabas

aqui temos unhas escarolas jrandes coma demonios de Lino e os famosos kiwis de Xan:

escarolakiwis

e aqui leitugas, acelgas e repolos, e iso que asoma pola dereita e apio:

acelgaleitugarepolo

e duas últimas variadas, casi se podrian usar pra pintar un bodegon:

queixosfabasovos ovosviñofabasqueixo

vémonos na primaveira¡¡¡¡

PREPARACION DAS CESTAS

13 Mar

Os martes e dia de reparto en Lentura e como tal entre a tarde do luns e as primeiras horas do martes apañamos nas nosas hortas os productos mais frescos para que cheguen os clientes con unha calidade e sabor sin igual. Posterormente centralizamos en Aldea nova todos os productos que nos pediron os nosos clientes para ese dia e se procede a elavoración das cestas, do cal se encarga Edu e Marisa.  Aquí tedes unhas fotos para que apreciedes a frescura dos productos de horta e a calidade dos demais productos caseiros:

productos caseiros coliflor KIWISEACELGAS 2013-03-12 12.45.42 ALLOSPORROS 2013-03-12 12.47.29 2013-03-12 12.47.01 2013-03-12 12.46.08